Aviso Legal

1. DATOS IDENTIFICADORES

GLOBALINGUA (en diante, a «Empresa») é a titular da páxina web www.globalingua.eu

PROPIETARIO:

Nome: Globalingua

Domicilio social: A CORUÑA - Rúa do Voluntariado, n.º 3, local 41. - 15003

CIF.: B70464888

Contacto: info@globalingua.eu

2. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

As presentes Condicións Xerais rexen o acceso ao sitio web www.globalingua.eu e o seu uso, así como as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos, entre os cales se inclúen imaxes, software ou textos; marcas ou logotipos; combinacións de cores, estruturas e deseños; programas informáticos necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc. Calquera persoa que acceda ao portal da Empresa ou que o utilice terá a condición de usuario (en diante, o «Usuario») e aceptará, a partir do dito acceso ou uso, as presentes Condicións Xerais de Acceso e de Uso, que se aplicarán con independencia das Condicións Xerais de Contratación que, no seu caso, sexan de obrigado cumprimento. En consecuencia, o Usuario deberá ler con atención estas Condicións Xerais.

3. ACCESO Á PÁXINA E USO DESTA

A páxina web da Empresa proporciona acceso libre aos Usuarios a contidos na internet pertencentes á Empresa ou aos seus provedores. O Usuario asume unha responsabilidade plena con respecto á utilización do portal e comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e dos servizos que a Empresa ofrece a través da súa páxina web. Así mesmo, comprométese a non empregar os ditos contidos e servizos para incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; para provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Empresa, dos seus provedores ou de terceiras persoas, nin para introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos antes mencionados. Ademais deste acceso libre, para algúns servizos prestados pola Empresa a través da súa páxina web será necesario que o Usuario se rexistre como cliente e que proporcione unha serie de datos persoais. Nestes casos, aplicaranse as disposicións que se recollen no apartado «Política de privacidade» da páxina web. Os contidos da páxina web da Empresa están dirixidos a Usuarios finais. Queda terminantemente prohibida a súa utilización para fins comerciais.

A Empresa, no seu propio nome ou como cesionaria, é a titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos contidos de titularidade da Empresa ou dos seus provedores. O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial dos que a Empresa sexa titular. O Usuario poderá visualizar os elementos da páxina web e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico, sempre e cando sexa exclusivamente para o seu uso persoal e privado. Así, queda terminantemente prohibida a súa transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición ou calquera outra forma de explotación, así como a súa modificación, alteración ou descompilación. O Usuario deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado na páxina web da Empresa. En ningún caso se entenderá que o acceso á páxina web e o uso desta por parte do Usuario implica a renuncia, a transmisión, a licenza nin a cesión total nin parcial dos ditos dereitos por parte da Empresa.

A Empresa poderá utilizar cookies para personalizar e facilitar a navegación do Usuario na súa páxina web. Para todo o relativo ao seu uso, véxase a sección «Política de privacidade» da páxina web.

4. MODIFICACIÓNS NA PÁXINA WEB

A Empresa resérvase o dereito a efectuar as modificacións que considere oportunas na súa páxina web sen previo aviso. Deste xeito, poderanse realizar cambios, supresións ou adicións nos contidos e nos servizos prestados a través da páxina web, así como na forma na que estes se mostran ou sitúan nela.

5. ENLACES

En caso de que a páxina web inclúa enlaces ou hiperligazóns cara a outros sitios da internet, a Empresa non exercerá ningún tipo de control sobre eles. En ningún caso a Empresa asumirá ningunha responsabilidade polos contidos dalgún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, a calidade, a fiabilidade, a exactitude, a amplitude, a veracidade, a validez nin a constitucionalidade de ningún material ou información que se recolla en ningunha desas hiperligazóns ou sitios da internet. Así mesmo, a inclusión destas conexións externas non suporá ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

6. CUESTIÓNS XERAIS

A Empresa perseguirá pola vía legal o incumprimento das presentes condicións, así como calquera uso indebido da súa páxina web, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder. A Empresa resérvase o dereito a denegarlles ou a retirarlles o acceso á súa páxina web ou aos servizos ofrecidos, sen necesidade dun aviso previo, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles Usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Acceso e de Uso. Os encabezamentos das distintas cláusulas só son informativos e non alterarán, cualificarán nin ampliarán a interpretación das Condicións Xerais. En caso de que exista algunha discrepancia entre o establecido nestas Condicións Xerais de Acceso e de Uso e as Condicións Xerais de Contratación, prevalecerá o disposto nestas últimas. En caso de que calquera xulgado, tribunal ou órgano administrativo competente considerase calquera disposición ou disposicións destas Condicións Xerais de Acceso e de Uso nulas ou inaplicables na súa totalidade ou en parte, a dita nulidade ou inaplicabilidade non afectará ao resto de disposicións nin ás Condicións Xerais de Contratación. O non exercicio ou a non execución por parte da Empresa de calquera dereito ou disposición que se recolla nestas Condicións Xerais non constituirá unha renuncia a este, salvo recoñecemento e acordo por escrito pola súa parte.

7. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN

A Empresa poderá modificar en calquera momento as condicións que aquí se establecen, as cales se publicarán debidamente tal e como aquí se amosan. Estas Condicións Xerais estarán vixentes en tanto que dure a súa exposición e non sexan modificadas total ou parcialmente, momento no cal entrarán en vigor as condicións xerais modificadas.

8. LEXISLACIÓN APLICABLE

A relación entre a Empresa e o Usuario rexerase pola normativa española vixente.