Garantimos a calidade e a puntualidade nos nosos proxectos deseñando unha solución á medida.

En GLOBALINGUA, a nosa experiencia no sector ensinounos que a mellor forma de obter o resultado que desexan os nosos clientes é mediante o deseño dunha solución á medida. Para garantir a calidade e a puntualidade do noso traballo, aplicamos un sistema de xestión moi meticuloso que nos permite descartar calquera posibilidade de erro.

En GLOBALINGUA, contamos con todas as calidades necesarias para desempeñar o noso traballo dun xeito eficaz.

Capacidade: Dispoñemos das habilidades, das aptitudes e dos coñecementos necesarios para levar a cabo proxectos de tradución de todo tipo. Globalingua Translation está formada por un equipo de tradutores e de revisores especializados, licenciados en Tradución, con amplos coñecementos e cunha dilatada experiencia no sector para garantir a máxima calidade da tradución.

Xestión: Temos moi claros os criterios que debemos seguir para tomar as mellores decisións e conseguir os obxectivos establecidos. Por iso, o noso equipo ten total liberdade de decisión e de actuación conforme aos seus propios criterios para adaptar os medios, os recursos e as capacidades que ten á súa disposición co fin de axustarse ás esixencias do cliente. Neste sentido, nos nosos proxectos utilizamos memorias de tradución que nos permiten almacenar o contido traducido. Deste modo, aproveitamos as repeticións e as coincidencias parciais ou totais de contido para reducir tanto os custos como os prazos de entrega.

Responsabilidade: É o motor que nos impulsa a darmos o mellor de nós mesmos e a asumirmos o máximo compromiso, tanto co noso traballo como cos clientes.

Eficacia: Levamos a cabo as nosas tarefas da maneira máis sinxela posible para reducir drasticamente as posibilidades de erro e, deste xeito, levar a bo termo todos os nosos proxectos. En Globalingua, xestionamos todos os procesos que forman parte do noso traballo para mellorar as nosas capacidades. Por ese motivo, elaboramos bases de datos terminolóxicas de cada un dos proxectos nos que participamos para garantir a coherencia terminoloxía de todas as encargas.

En Globalingua, esforzámonos ao máximo para conseguir que o noso traballo acade o máximo nivel de calidade posible. Por iso, implantamos os procesos que se establecen na norma europea de calidade EN-15038 para servizos de tradución, cuxo obxectivo é o de establecer un marco de referencia que abranga todos os aspectos que forman parte do proceso de tradución, dende a recepción do documento ata a súa entrega, así como outros asuntos relacionados.

CONSULTA


Cando recibimos unha consulta, o noso equipo analiza a extensión do documento, o idioma, o seu estilo e a súa terminoloxía específica, así como os prazos esixidos polo cliente.

ORZAMENTO


A continuación, elaboramos un orzamento detallado no que especificamos o custo final do proxecto e o prazo de entrega exacto.

ACCIÓN


Así que o cliente acepta o orzamento, formamos un equipo de tradutores e de revisores especializados no ámbito temático do proxecto. O equipo realiza a tradución utilizando as ferramentas informáticas máis innovadoras e seguindo un rigoroso programa de traballo para garantir o cumprimento dos prazos establecidos.

ENTREGA


Unha vez que os documentos están traducidos, revisados e editados, o proxecto estará listo para enviarllo ao cliente. O equipo de tradutores e de revisores seguirá dispoñible despois da entrega para resolver calquera problema ou dúbida que lle poida xurdir ao cliente.


GLOBALINGUA

Apostamos pola tecnoloxía para ofrecer beneficios reais.