Hoxe presentámosvos unha das miñas modalidades de tradución favoritas: a tradución literaria. Nos estudos de Tradución e Interpretación, son moitas as persoas que quedan engaioladas coa creatividade da tradución literaria, audiovisual e de videoxogos, e que empezan a soñar con poder gañar a vida con algunha destas modalidades. Realmente, para quen ama a literatura coma min, traducila supón poder mergullarse como ningunha outra persoa na mente da autora ou do autor e poder descubrir os distintos personaxes e as distintas accións cunha intensidade e cunha profundidade que non se acada cunha simple lectura. E é que ti decides cada unha das palabras que vai modular esa historia na túa lingua, o cal, a pesar da enorme responsabilidade e do gran traballo que carrexa, tamén é unha das tarefas máis gratificantes que podo imaxinar.
Pero, por desgraza, non todo son rosas no camiño. Ao acabarmos a carreira, enseguida constatamos que a industria editorial é un sector no que custa ferro e fariña entrar. E, por se fose pouco (e a pesar das grandes profesionais que hai nese eido), tamén podemos atoparnos con gravísimos problemas para a subsistencia dunha profesión tan necesaria e maltratada como a da tradución. Si, estou falando do caso da editorial Malpaso, do que seguramente escoitastes falar ultimamente, que chama «ridícula» a unha tradutora que lle reclama os 4000 euros que lle debe. Pois ben, esa persoa non é «ridícula», señor, esa persoa é unha profesional que fixo o seu traballo e que reclama o que é seu.
Dende este espazo expresamos o noso apoio a esta profesional e sumámonos a todas esas compañeiras que recordan que AS TRADUTORAS NON VIVIMOS DO AIRE.
Antía Veres
Traductora de Globalingua
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. De estas, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.