Chega maio e, con el, a primeira entrada en galego. Vivimos e traballamos nunha comunidade cunha lingua e cunha historia propias, e somos conscientes da riqueza que implica esta diversidade. Isto é algo que fomos corroborando ao descubrirmos as distintas culturas do planeta grazas a outra xoia da que nos encanta gozar: viaxar polo mundo adiante. Pois non hai como saír da casa para valorar aínda máis as marabillas do teu fogar.
Nesta época, as vacacións do verán empezan a saudarnos á volta da esquina. Temos que pensar cal será o noso próximo destino! Poñémonos a apuntar todas as posibles rutas e, como temos esa sensibilidade lingüística nata, tamén tomamos nota dalgunhas palabras da lingua que se fala alá onde imos aterrar. Aprender a saudar, dar as grazas ou despedirse no idioma da xente do lugar é unha mostra de respecto. Sorprenderaste da boa reacción das persoas ante o teu interese!
Pero, como en Globalingua traducimos, sabemos que non só abonda con sabermos un idioma, senón que hai que coñecer a fondo as culturas coas que traballamos. Pois si, amigas, non somos ese dicionario con patas que imaxinades cando descubrides que somos tradutoras, senón que levamos ás costas unha enorme mochila onde metemos todos eses coñecementos culturais e, sobre todo, moitos recursos para podermos investigar. E iso é o que toca agora: investigar sobre a cultura do lugar que imos explorar. Para empezar, a nosa lista da equipaxe pode cambiar moito, e non só polo clima! Por exemplo, se queres visitar lugares relixiosos, como mesquitas ou igrexas, xa sexa por conviccións ou para admirar os prodixios arquitectónicos que hai espallados polo mundo, é probable que non poidas facelo cunhas bermudas e unha camiseta de tiras, senón que terás que recatarte no teu vestiario. E así un millón de cousas. Quen non ten algunha anécdota curiosa por tratar de presentarse con dous bicos a unha persoa inglesa e atoparse cunha auténtica cobra como resposta? Ou por non esperar o terceiro bico co que se saúda a xente francesa? E ti? Non tes unha morea de anécdotas relacionadas con estas diferenzas culturais que fan tan rico o mundo no que vivimos?
Antía Veres
Traductora de Globalingua
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. De estas, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.