TRADUCCIÓN
ESTÁNDAR

Por todos estes motivos, o principal obxectivo á hora de traducirmos un texto é acadarmos a máxima calidade posible no noso traballo, xa que esa é a única forma de garantirmos o éxito dos nosos clientes. Cómpre sermos fieis non só ao significado de cada palabra, senón ao contexto no que se encadra no marco dunha mensaxe. Traducir non só consiste en interpretar palabras ou en trasladar dun idioma a outro un significado dentro dun contexto, senón que representa un auténtico medio de transporte de ideas ou mensaxes e, en moitas ocasións, do esforzo, do traballo ou incluso dos sentimentos das persoas.

Na busca da excelencia, en Globalingua contamos con profesionais con distintas linguas maternas que posúen unha dilatada experiencia e amplos coñecementos en cada unha das áreas de coñecemento existentes, pois todas elas esixen un gran dominio da terminoloxía específica e do contexto do sector.

En Globalingua, damos resposta a todas as necesidades de tradución que se poidan presentar en distintas esferas: técnica, científica, médica, institucional, contable, xurídica, informática, de páxinas web e así un longo etcétera.

Non importa a extensión nin a complexidade técnica do documento que necesites traducir: en Globalingua, ocuparémonos de todo o ciclo de vida da túa documentación e dos teus contidos multilingües.


En Globalingua contamos con profesionais cunha ampla experiencia.