POSTEDICIÓN

En Globalingua, o noso equipo, formado por profesionais cunha extensa experiencia neste eido, asesorarate acerca da opción que mellor se adapte ao teu proxecto.

A tradución automática experimentou grandes avances nos últimos anos. Hoxe en día, ofrece vantaxes en comparación coa tradución convencional, como o aforro de tempo e custos.
Con todo, para poder acadar unha tradución de calidade, é necesario contar con coñecementos especializados en postedición que permitan afrontar as particularidades deste tipo de encargas. En Globalingua, o noso equipo, formado por profesionais cunha extensa experiencia neste eido, asesorarate acerca da opción que mellor se adapte ao teu proxecto.
Nestes últimos anos, o sector da tradución experimentou grandes cambios relacionados cos avances informáticos. Primeiro, chegaron as ferramentas de tradución asistida por ordenador (TAO) e, máis recentemente, a postedición.
Na postedición, partimos dunha tradución xerada por un tradutor automático, que aplica diversos conxuntos de regras e algoritmos. Neste caso, a tradución de partida serve para comprender o sentido xeral do texto orixinal, pero non ofrece unha calidade óptima, xa que o motor de tradución pasa por alto moitos aspectos importantes á hora de traducir un texto, como son os elementos culturais ou a quen vai dirixido o texto. Durante a fase de postedición, corríxense os erros da tradución automática para ofrecer ao cliente un resultado de calidade óptima.
En comparación coa tradución convencional, a postedición ofrece un servizo máis rápido e económico, aínda que non é adecuada en todos os casos. Algúns exemplos disto son os textos publicitarios, literarios e, en definitiva, aqueles que requiren máis creatividade.
En Globalingua contamos con profesionais con varios anos de experiencia en postedición. Podemos axudarte a valorar se este servizo se adapta ao teu texto y ofrecerche un servizo que se axuste ás túas expectativas e ao teu orzamento.