As últimas tecnoloxías
permítennos reducir custos
e ofrecer un servizo rápido
e da máxima calidade.

 

COMUNICACIÓN

Para nós, a tradución favorece a creación de espazos de diálogo entre distintos idiomas para que as persoas e as empresas establezan un fío de comunicación.


«A tradución é aquilo que o cambia todo para que nada cambie»


GÜNTER GRASS

En Globalingua non só che ofrecemos a mellor tradución posible para os teus textos, senón que tamén poñemos á túa disposición outros servizos complementarios de tradución xurada ou de revisión e corrección de textos, ademais dun servizo de interpretación que che permitirá comunicarte con falantes doutros idiomas.

globalingua-traduccion-grande

TRADUCIÓN


O noso equipo de tradutores está formado por profesionais con distintas linguas maternas e conta cunha ampla experiencia en distintos eidos de especialización, como a tradución xurídica, técnica, institucional ou de marketing e publicidade.

Non importa a extensión nin a complexidade técnica do documento que necesites traducir: en Globalingua, ocupámonos de todo o ciclo de vida da túa documentación e dos teus contidos multilingües.

globalingua-traduccion-jurada-grande

TRADUCIÓN XURADA


Nalgunhas ocasións, as autoridades solicitan traducións ou interpretacións xuradas para certificar que un documento é unha tradución fidedigna dun texto orixinal. Estas traducións debe realizalas, asinalas e selalas un tradutor xurado oficial habilitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, e adoitan facerse a partir de contratos, escrituras, poderes, validacións de títulos e expedientes académicos, certificados de matrimonio, partidas de nacemento, etc.

globalingua-correccion-grande

REVISIÓN E CORRECCIÓN


A calidade dunha tradución pode determinar en gran medida o éxito da túa empresa no mercado ou a axilidade coa que se desenvolverán certos trámites ante determinadas institucións. Non importa a extensión nin a complexidade técnica do documento: en Globalingua, temos un firme compromiso coa prestación dun servizo profesional, coñecemos as particularidades culturais e o estilo da linguaxe de cada tipo de texto para os seus distintos obxectivos e adaptámonos a todos estes factores.

globalingua-interpretacion-grande

INTERPRETACIÓN


Que os idiomas non supoñan unha barreira nas túas comunicacións! Poñemos á túa disposición os nosos servizos de interpretación simultánea en cabina e de interpretación consecutiva. A nosa flexibilidade permite unha completa mobilidade dos nosos profesionais, que poderán acompañarte nas túas viaxes, feiras ou reunións con clientes estranxeiros se precisas un mediador lingüístico e cultural de confianza.