REVISIÓN
E CORRECCIÓN

Con todo, existen moitas outras situacións nas que un cliente xa dispón da tradución dun texto, pero quere asegurarse de que a calidade da dita tradución se axuste ás súas esixencias. Iso ocorre, por exemplo, cando se actualiza un documento e se aproveitan fragmentos ou apartados dunha versión anterior, ou, sinxelamente, cando se quere verificar unha tradución xa existente. Neste caso, ofrecémoslles aos clientes un servizo de revisión no que o noso equipo de tradutores se ocupará de comprobar o contido do texto comparando a tradución co texto orixinal para descartarmos calquera tipo de erro e asegurármonos de que presenta a terminoloxía e o estilo axeitados. Ademais, verificamos que o documento se axuste ás instrucións facilitadas polo cliente, comprobamos que os formatos do texto orixinal e a súa tradución se correspondan e puímos determinadas cuestións estilísticas para achegarmos un plus de calidade ao texto. Despois disto, o documento xa estará listo para enviar ao cliente.

Como complemento a este servizo de revisión, en Globalingua Translation ocupámonos doutras tarefas relacionadas para dotarmos todos os textos dunha calidade superior:

Proofreading ou corrección dun texto na lingua meta. Neste tipo de revisións, realizadas exclusivamente por profesionais cuxa lingua materna sexa a mesma que a do documento, non se realiza ningunha comparación entre o texto orixinal e a súa tradución. Esta tarefa céntrase en detectar erros de tipo gramatical (como a falta de concordancia de xénero ou de número), de léxico (palabras que non significan o que o autor pensa), ortotipográficos (dobres espazos ou espazos antes dos signos de puntuación), de ortografía (erratas) ou de palabras repetidas, entre outros. Trátase, por así dicilo, dunha revisión cosmética ou superficial do texto para comprobar que sexa correcto.

Revisión de formato. Neste tipo de revisión, como o seu nome indica, verifícase que o formato do documento que o cliente nos fai chegar non presente erros. Este tipo de revisión realízase, por exemplo, se, despois de maquetar un texto para a súa publicación, se desexa efectuar unha última verificación de que o documento non presente problemas perceptibles visualmente: liñas ou palabras cortadas, parágrafos movidos a outras páxinas sen motivo ningún, pés de foto que non se corresponden coas imaxes que acompañan, textos sen aliñar, etc.



A tradución e a revisión son dous conceptos que se atopan intimamente relacionados, xa que, para garantirmos a máxima calidade do noso traballo, é necesario aplicarmos determinados controis de calidade.