Profesionais cunha ampla experiencia
en tradución e en xestión
de proxectos multilingües.

Comezamos a nosa traxectoria no 2013 en Vigo. Dende entón, fomos medrando pouco a pouco, ampliando o noso equipo de tradutores e a nosa presenza cunha segunda oficina na Coruña. O noso plan actual consiste en seguir medindo os tempos con precisión e en analizar cada movemento para medrar sobre a base sólida que hoxe por hoxe é Globalingua Translation. Este crecemento sostido permitiunos apostar polo desenvolvemento das capacidades de todo o equipo mediante un proxecto de mellora continua que comprende tanto o perfeccionamento dos distintos idiomas de traballo como a aprendizaxe e o dominio das últimas tecnoloxías xurdidas no eido da tradución. Deste xeito, podemos axudar os clientes a superar as barreiras lingüísticas ás que se enfrontan nun mundo cada vez máis globalizado.

No marco da nosa metodoloxía de traballo, apostamos pola innovación para ofrecerlles beneficios reais aos nosos clientes e lograr un proceso de produción de calidade, rápido e competitivo.  

Da mesma maneira, establecemos colaboracións con diferentes universidades a través de prácticas laborais que lles permitirán aos novos titulados adquirir os coñecementos prácticos necesarios para enfrontarse a un mercado de traballo cada vez máis competitivo.

A nosa experiencia, adquirida ao longo destes últimos anos, é garante dun servizo altamente especializado, flexible e adaptado ás túas necesidades. O noso éxito é o teu éxito.


GLOBALINGUA

O noso éxito é o teu éxito.

EQUIPO

A CORUÑA

Nuria Castro
Paula Dorado
María Donapetry

VIGO

Nahir Lourenco
Marcos Martínez
Antonio Leal